Por Que Non Hai Flores
Aldaolado
GENRE [PRE-CORO]
Sabes que as noivas sempre chegan tarde
Menos ti e eu que chegamos moi cedo
Dilles que poñan amigas e amantes
Nese papel que asinamos tremendo
[CORO]
Ninguén recorda unha festa secreta
Non queriamos ser en nada as primeiras
Por que non hai flores?
Estaba aquel día cerrada a beleza
[INTERLUDIO]
Dende aquí, e hoxe, cremos que o pasado e una noite sen Lúa
As mans das árbores apreixan, as súas miradas son sombra
E non hay brisa nin sitio para nós
Pero non sempre, non todo, é así
Elas son un candil aceso a beira dun camiño
Unha ánima que brilla nunha encrucillada
Lucecús entre as silveiras
Dúas lampariñas, coma lanchas de cortizo ca súa lapa navegando sobre o aceite
A alborada
O amor e tamén así, teimudo
Non [?] das fauces nin dos tormentos
E del nace amisade e beleza
Elisa e Marcela tiñan un amor de agua
A agua sempre atopa un camiño
Por verse seu nunha ruta agochada e silenciosa
Apenas unha pingueira baixo manto da terra
E outras unha fervenza que berra o seu orgullo dende as alturas
Pero sempre atopa un camiño
As noivas teñen fama de chegaren tarde
Menos Elisa e Marcela, que chegaron as primeiras
[PONTE]
Por todalas portas que xa non se pechan
Todas abertas a golpe de pedras
Un verso pagán que berramos espidas
E o corpo e fogueira do mor quen crepita

No comments:
Post a Comment